![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|
|||||||||
![]() | |||||||||||||||||
|
CONTACTO Para facturación, entrega de embrións e cuestións administrativas: ![]() Para problemas informáticos có sistema de venda de embrións por Internet:
|
TENDA DE EMBRIÓNS. FUNCIONAMENTO
INFORMACIÓN E VENDA EN LIÑA DE EMBRIÓNS
OBXECTIVOS A Unidade de Transferencia Embrionaria (UTE - Bos) de Galicia dotouse dun sistema de venda de embrións por Internet que cumpre os seguintes obxectivos: 1) Publicar de forma sistemática e transparente a oferta disponible.DESCRIPCIÓN DO SISTEMA Calquera usuario da web pode consultar os datos xenealóxicos dos animais criados na Unidade de Transferencia Embrionaria (U.T.E.) de Bos. Tamén poderá coñecer que embrións se atopan á venda, pero para mercalos deberá rexistrarse. Desde o 1 de Xaneiro de 2010, poderán incorporarse a esta tenda virtual embrións producidos en ganderías particulares. O usuario xa rexistrado poderá adquirir embrións ou apuntarse a unha lista de espera que UTE Bos ten a disposición de tódolos interesados na que se ofrecen aqueles embrións que se atopan en trámite de colocación pero que a súa venda non foi pechada. Polo momento o único medio de pago operativo en UTE Bos é o ingreso ou transferencia en conta. Cando un usuario merca un embrión dispón dun prazo de 48 horas para ingresar o importe da súa adquisición. En canto se confirme o pago entregarase o embrión e a súa documentación. Polo contrario, se o pago non se confirma nese prazo o pedido cancelarase. A xestión de reservas é sinxela. Cando un pedido se cancela e sobre ese embrión existe unha lista de solicitudes en reserva, o sistema adxudica o embrión ó primeiro solicitante, ó que lle envía un e-mail e un SMS comunicando esa circunstancia, así como a información necesaria para o pago do pedido. ACTUALIZACIÓN DA OFERTA OS MÉRCORES AS 12 H: con independencia do día da producción dos embrións, o sistema informático volcará as recollidas xurdidas durante a semana todos os mércores ás 12:00 horas. Esta data e hora será a referencia para todos os cambios ou actualizacións da páxina web, incluindo a extinción do prazo socios, e as correspondentes adxudicacións de reservas. EN TODOLOS CASOS DE COMPRA DE EMBRIÓNS NESTA WEB: - O precio de venda dos embrións enténdese postos na Finca de Bos, sendo por conta do comprador os gastos de transporte, seguro e implantación. Ver Servizo de almacenamento e Servizo de envío de embrións. - A compra a través deste sistema de venda de embrións, implica a aceptación explícita polo comprador das condicións estipuladas nesta web nos apartados: Tenda de Embrións. Funcionamento / Servizo de Almacenamento / Servizo de Envío de embrións. - Calquera discrepancia que xurda na aplicación ou interpretación das normas e condicións establecidas para este sistema de venda, ambas partes someteranse expresamente ós Xulgados e Tribunais de Santiago de Compostela, renunciando a calquera outro foro que lles puidera corresponder. VENDA POR LOTES FEFRIGA resérvase a posibilidade de ofrecer embrións en lotes indivisibles, de xeito que quen estea interesado en adquirir algún deles haberá de adquirir o lote completo. Para os lotes existirá tamén un prazo de 7 días de venda exclusiva a socios de FEFRIGA, que contará a partires da posta á venda do lote. Os embrións incluidos en lotes non poderán adquirirse separadamente. No prazo de oferta exclusiva a socios, cada socio poderá adquirir un máximo de un lote. Transcurridos os 7 días dende a posta en venda dos lotes, non haberá restriccións en canto a número nin en canto á condición de socio ou non socio do comprador. Tanto para os lotes que se atopen en oferta exclusiva a socios como para os que estean pendentes de pago existirá a posibilidade de que outra persoa interesada realice unha reserva sobre eles. En caso de que o lote quede libre, á venda, o sistema aduxudicaráo á primeira reserva, por orde cronolóxica, enviando un SMS e por e-mail un pedido para o que se solicitará o pago correspondente. En caso de que o interesado desistira desa adxudicación, seguiráse adxudicando mentras existan reservas sobre dito lote. Se non houbese reservas, o lote ficaría en venda libre. I) COMERCIALIZACIÓN DE EMBRIÓNS PRODUCIDOS NA U.T.E. DE BOS: En funcionamento desde 2003. Representa un medio transparente e eficaz de manter unha oferta permanente dos embrións producidos na Unidade de Transferencia Embrionaria de Bos. BASES DE FUNCIONAMENTO: Os embrións dispoñibles nesta páxina forman parte do Programa de Mellora Xenética de Galicia. Os destinatarios e principais beneficiarios son os gandeiros asociados a FEFRIGA que dispoñen de condicións vantaxosas na adquisición deste valioso material xenético: 1) PRAZO PARA SOCIOS:II) COMERCIALIZACION DE EMBRIÓNS PRODUCIDOS EN GANDERÍAS:A) - PRAZO DE 7 DÍAS SO PARA SOCIOS: desde que se producen os embrións (posta á venda) e durante 7 días, so están dispoñibles para os gandeiros socios de FEFRIGA.2) - DESCONTO DO 30% NO PREZO DE VENTA: exclusivamente para socios de FEFRIGA. Este desconto mantense de forma permanente, sin prazo de ningún tipo. Poderanse vender e mercar a través da pax. Web: www.fefriga.com/utebos embrións producidos nas ganderías, con idénticos servicios e garantías que os producidos na U.T.E de Bos. O gandeiro propietario das vacas doantes decidirá o prezo de venda e non estarán suxeitos a restriccións de prazos ou descontos especiais para asociados. Este servicio queda restrinxido a embrións producidos a partir do día 1 de xaneiro do 2010, polo equipo veterinario de U.T.E Bos. So se poderán comercializar embrións de 1ª calidade e quedarán custodiados por FEFRIGA dende o momento da sua producción. Este sistema de comercialización persegue dous obxectivos fundamentais: 1- Ampliar a oferta existente de embrións, dispoñibles para venda, na web. www.fefriga.com/utebos facendoa mais atractiva para todo tipo de clientes, podendo acceder a novos mercados tanto de socios como de non socios e tamén de cara á exportación.REQUISITOS DAS VACAS DOANTES: en primeiro lugar deberán cumprir os requisitos esixidos na lexislación vixente e xustificalo mediante a documentación orixinal ou cotexada (según o caso). A normativa ao respecto está incluida no anexo B do seguinte Real Decreto: REAL DECRETO 920/1994, DE 6 DE MAYO, POR EL QUE SE MODIFICA EL REAL DECRETO 855/1992, DE 10 DE JULIO, POR EL QUE SE FIJAN LAS CONDICIONES DE POLICIA SANITARIA APLICABLES A LOS INTERCAMBIOS INTRACOMUNITARIOS Y A LAS IMPORTACIONES PROCEDENTES DE TERCEROS PAISES DE EMBRIONES DE ANIMALES DOMESTICOS DE LA ESPECIA BOVINA. ANEXO B Condicións esixibles aos animais doadores 1. Aos efectos da recollida de embrións, os animais doadores deberán cumprir os seguintes requisitos: a) Durante os seis meses anteriores, terán permanecido no territorio da Comunidade ou do terceiro país de recollida;2. O día da recollida do embrión, a femia doante: a) Atoparase nun establecemento que non sexa obxecto de medidas de prohibición ou de corentena veterinaria;*Documentos a aportar: - Fotocopia do Certificado de Rexistro Xenealóxico da doante,CONDICIÓNS DE VENDA: Formarán parte da oferta permanente na web www.fefriga.com/utebos, sen operar ningún tipo de restrición de prazo nin de desconto. Durante a custodia no banco de embrións de Bos permanecerán asegurados por un valor de 150€. a) PREZOS DE VENDA: Libre. Será decidido polo propietario e quedará establecido por escrito no documento de entrada dos embrións ó banco. b) PREZO DO SERVIZO: - 6€ por embrión que entra no banco con destino a venda en concepto de gastos de alta no banco de embrións, alta na páx. web, e 1 mes de almacenamento. A partir de 1 mes se non se venderon pasan a custar 0,1€ por embrión e por día ata o día da venda ou retirada do almacén. - 30€ por embrión vendido, en concepto de gastos da xestión da venda, facturación e cobros. c) OUTRAS NORMAS: Todas as notificacións, ordes ou contraordes relativas á venda dos embrións o vendedor debe facelas constar por escrito establecéndose un prazo de 7 días para a súa execución cando proceda. Estas notificacións deberán dirixirse as oficinas da U.T.E. de Bos ou ben de FEFRIGA, e poderán facerse por fax, correo electrónico ou correo ordinario ós seguintes enderezos ou numeros: U.T.E. de BosINFORMACIÓN MOSTRADA PARA VENDA: incluiranse os datos dos embrións na mesma web que os producidos na U.T.E. de Bos, co mesmo formato e presentación de datos, incluindo datos do propietario con ligazón á súa web e datos de contacto. Aparecrá o logotipo de CONAFE para acceder ó pedigree e datos oficiais da doante. Tamén se fará unha diferencia na cor da ventá dos datos dos embrións según a súa procedencia para facilitar a comprensión e organización da páxina. Información que se inclúe: fotografía da vaca se é facilitada polo propietario; acceso a CONAFE, para todas as vacas. Espazo de unha liña para nomear a familia e o nº de xeracións MB ou EX. PROCEDEMENTOS ADMINISTRATIVOS: Documentación: Documento de entrada no banco de embrións. En talonario autocalcante onde se identifican os embrións, a recollida, e os doadores femia e macho, a data de recollida-entrega, etc. Asinada polo propietario e o técnico encargado da entrega. Neste documento consta o prezo de venda estipulado polo propietario dos embrións. Neste documento tamén se fai constar a documentación recollida esixida para acreditar que a doante cumpre todos os requisitos da lexislación. En caso de que falte algún documento, quedará aquí sinalado e os embrións entrarán no banco de embrións pero permanecerán illados do resto e non se poñerán á venda na páxina web ata que toda a documentación esté recopilada. O prazo de 30 días de almacenamento con cargo á tarifa de Alta no banco, empeza a contar o día de entrada no banco, con independencia do día en que se poñen a venda, por causa de retraso no envío da documentación. Este documento (documento de entrada dos embrións no banco) supón o Compromiso de Aceptación de todas as condicións e normas de funcionamento en relación ao sistema de comercialización e almacenaxe dos embrións, según o acordado pola Xunta Directiva de FEFRIGA e publicado na pax web: www.fefriga.com, na sección "Tenda de embrións. Funcionamento" (presente documento). FACTURACIÓN E COBROS: FEFRIGA facturará os embrións ao comprador. Para poder facelo emitirá unha factura de compra dos embrións ao propietario polo importe da venda según o prezo estipulado descontando 30€ de cada un dos embrións vedidos. En caso de que os embrións sexan retirados polo propietario non haberá transacción e polo tanto non se fará factura de compra nin de venda. |
|
Federación Frisona Galega
R/ Melide 25-27 Baixo - 15705 Santiago de C. - A Coruña - España Tfno./Fax: + 34 981 573 879 + 34 981 573 775 |
||