FEFRIGA - Federación de Frisona Galega
  PRESENTACIÓN
  BRANCO E NEGRO
  ACTIVIDADES E RESULTADOS
  LIBRO XENEALÓXICO
  NOTICIAS E AVISOS
  ACCESOS RÁPIDOS
  MENÚ COMPLETO
  INICIO


Memoria Fefriga 2014


Política de privacidad
Rúa Melide 25-27 Bajo
15705 Santiago de C.
A Coruña - España
Tfno./Fax: + 34 981 573 879
+ 34 981 573 775



Galego Español
Recoñecementos
Neste XXV aniversario da Federación e coincidindo co Concurso Autonómico Fefriga ’15, quíxose poñer de manifesto o noso agradecemento a todos aqueles gandeiros que ó longo destes anos, coas súas vacas, traballo e entusiasmo, fixeron posible a celebración dos Concursos e, a través deles, a promoción das explotacións, Programas de Mellora e Cabana Frisona de Galicia. En homenaxe a todos eses gandeiros, e antes de proceder á designación da Vaca Gran Campiona Fefriga ’15, procedeuse á entrega dun diploma a todos aqueles que, ó longo destes 25 anos e coas suas vacas, conseguiron o título de Vaca Gran Campiona.
GANDERÍA CARBALLO
Gran Campiona 1995
GANDERÍA VILARMOR
Gran Campiona 1998
GANDEIRIA CID
Gran Campiona 2006
GANADERÍA BLANCO
Gran Campiona 2012
GRANXA DO SOUTO
Gran Campiona 1993 e 1997
SAT CAVADAS
Gran Campiona 2000 e 2009
GANDERÍA COBAS
Gran Campiona 2002 e 2003
SAT REI DE MIÑOTELO
Gran Campiona 2010 e 2014
CASA POZO
Gran Campiona 2007, 2011 e 2013
GRANXA CAXIGUEIRA
Gran Campiona 1994, 1999, 2004, 2005 e 2008

Tamen, neste acto se quixo deixar constancia e recoñecer públicamente o importante papel que xogou, ó longo destes anos, a Feira Internacional Semana Verde de Galicia, como plataforma e escaparate ideal para expoñer, promocionar e difundir os logros acadados polos criadores de Galicia, en materia de seleción e mellora da Raza Frisona. En agradecmento ó seu compromiso e permanente colaboración coa Federación Frisona Galega, Dn. José Carlos Vega, Presidente de Fefriga, fixo entrega dun obsequio e da Medalla conmemorativa do 25 aniversario, a Dna. Patricia Ulloa, Directora Xeral de Producción Agropecuaria e Presidenta do Salón Cimag-GandAgro, e a Dn. Ricardo José Durán Rodríguez, Director-Xerente da Fundación Semana Verde de Galicia. Igualmente e en recoñecemento á súa colaboración, apoio, capacidade de aguante, dispoñibilidade e permanente colaboración con Fefriga e o seu persoal, na organización e celebración do Concurso Autonómico, dende as súas responsabilidades no Departamento de Gandería da Fundación Semana Verde, o Sr. Presidente de Fefriga fixo entrega de sendos obsequios a Dn. Julio Pérez e Dna. Isabel Fernández.

Dna. Patricia Ulloa e Dn. Ricardo J. Durán D. Julio Pérez Filloy Dna. Isabel Fernández

Como é habitual Neles, neste XXV aniversario tamén puidemos contar con todo o apoio e colaboración dos nosos colegas e amigos da Asociación Portuguesa de Criadores da Raça Frísia (APCRF).

Obsequio de FEFRIGA a la APCRF Entrega del obsequio conmemorativo de la APCRF a FEFRIGA

O noso recoñecemento tamén e de maneira especial ó Sr. Xuíz D. Brian Carscadden e ó noso permanente colaborador D. Gabriel Blanco.

D. Brian Carscadden D. Gabriel Blanco


R/ Melide 25-27 Baixo - 15705 Santiago de C. - A Coruña - España
Tfno./Fax: + 34 981 573 879 + 34 981 573 775
Xunta de Galicia
Diseño web de Lugonet