FEFRIGA - Federación de Frisona Galega
  PRESENTACIÓN
  BRANCO E NEGRO
  ACTIVIDADES E RESULTADOS
  LIBRO XENEALÓXICO
  NOTICIAS E AVISOS
  ACCESOS RÁPIDOS
  MEMORIAS FEFRIGA


Memoria Fefriga 2022


Política de privacidade

Clausulado
Rúa Melide 25-27 Bajo
15705 Santiago de C.
A Coruña - España
Tfno./Fax: + 34 981 573 879
+ 34 981 573 775



Galego Español

Primeiras probas xenómicas en animais da U.T.E. de Bos

Á espera de poder contar en Galicia coa técnica de análise xenómica para as femias,e a sua expresión en índice nacional (ICO), FEFRIGA decidiu facer unha primeira valoración de animais enviando as mostras a Estados Unidos e obtendo a valoración nos índices americano e canadiano, tal e como se os animais nacesen alí. Dado o alto nivel de selección aplicado ano tras ano na incorporación de xenética ao programa galego, eramos conscientes de que os animais cos que estamos a traballar pertencen a poboación de élite a nivel mundial, e a análise do seu xenoma así o confirmou, o que supón un gran éxito e un impulso para os programas que estamos a desenvolver. Concretamente a análise xenómica ven de revelar unha xovenca da U.T.E de Bos no primeiro posto do ranking de xovencas de toda Europa, ordeadas polo índice global americano GTPI (Genomic Total Performance Index), cun valor de GTPI= 2.465, moi por riba da xovenca holandesa que ostentaba o título ata este momento. O TPI é un índice calculado en base a información dispoñible dos animais e os seus parentes a cerca de caracteres productivos e morfolóxico-funcionais de importancia económica. A xata de nome “Bos Shottle Selena ET”, é tamén a primeira da lista europea polo índice de Mérito Neto (NM) cun valor de 853 puntos (os mesmos que a actual nº 1), que é o índice americano que valora os animais en función da sua rendibilidade económica. Pese a que foron moi poucos os animais da UTE dos que se enviaron mostras os Estados Unidos para a súa análise, según as primeiras avaliacións remitidas polo laboratorio, 4 destas xovencas obtiveron un valor de GTPI que as coloca entre as 25 mellores de Europa dacordo cos valores da lista publicada na actualidade, a cal pode consultarse na paxina web da entidade que xestiona as análises e o ranking, www.eurogenes.com, e que aparecerán na actualización do mes de Abril.

A segunda xata de Bos na valoración xenómica do GTPI, “Bos Shottle Secret ET RC” é unha irmá completa da Selena, e según os datos dispoñibles hoxe ostentaría o posto nº 5 do ranking europeo. Secret ten a particularidade de posuir Factor Vermello (RC),e segundo eurogenes probablemente sexa a xata portadora deste caracter con maior GTPI en todo o mundo. Ambas proceden dunha familia de vacas de Canadá e foron incorporadas mediante a importación de embrións deste pais ao Programa Galego de Mellora Xenética que a Federación Frisona Galega e a Consellería do Medio Rural desenvolven en común na U.T.E. de Bos.

Todavía mais importante que os chamativos primeiros postos resulta o feito de que globalmente os índices acadados polo grupo de animais analizados, no seu conxunto, ofrecen datos realmente bos, do mesmo nivel que as mellores vacas do mundo, das que se seguen a importar embrións. No sistema canadiano, datos publicados xa na web do CDN (Canadian Dairy Network) os resultados son tamén extraordinarios, atopándose Selena no nº 6 do LPI de novillas,seguida ben de cerca por outra serie de animais de Bos, se ben debese ter en conta que o nº de animais avaliados de Canadá e moito maior que de Europa, co cal esta comparación ten se cabe ainda mais valor.

Ademáis de prover dunha información importantísima para traballar con estes animais o feito de establecer esta comparación a nivel practicamente mundial establece novas posibilidades de traballo revalorizando por poñer no seu lugar o nivel xenético acadado no Programa Galego de Mellora que está xa no punto de mira do resto de programas de todo o mundo.



R/ Melide 25-27 Baixo - 15705 Santiago de C. - A Coruña - España
Tfno./Fax: + 34 981 573 879 + 34 981 573 775
Xunta de Galicia
Diseño web de Lugonet