Con estas Distincións, a Federación Frisona Galega, desexa promocionar e rendir homenaxe ós criadores que co seu esforzo, dedicación e profesionalidade, máis se distinguiron durante o ano 2008.
Outorgase Título de Recoñecemento ás 10 mellores explotacións por Indices Xenéticos (ICO), de cada unha das seguintes categorías:
- Explotacións de 17 a 75 reprodutoras
- Explotacións con máis de 75 reprodutoras
Para a súa concesión tívose en conta que, na avaliación xenética de Decembro ’07, as explotacións galardoadas cumpriran os seguintes requisitos:
• Ter 17 ou máis reprodutoras.
• Non superar o 5% de vacas no Rexistro Auxiliar “A”.
• Ter máis do 75% das reprodutoras maiores de 36 meses valoradas xenéticamente.
Federación Frisona Gallega
Rúa Melide 25-27 Baixo - 15704 Santiago de Compostela
A Coruña - España Tfno./Fax +34 981 573 879 - +34 981 573 775 fefriga.com