FEFRIGA - Federación de Frisona Galega
  PRESENTACIÓN
  BRANCO E NEGRO
  ACTIVIDADES E RESULTADOS
  LIBRO XENEALÓXICO
  NOTICIAS E AVISOS
  ACCESOS RÁPIDOS
  MENÚ COMPLETO
  INICIO


Memoria Fefriga 2014


Política de privacidad
Rúa Melide 25-27 Bajo
15705 Santiago de C.
A Coruña - España
Tfno./Fax: + 34 981 573 879
+ 34 981 573 775



Galego Español

INSIGNIA DE OURO FEFRIGA 2010 A ANTONIO OCA FERNÁNDEZ

Coa concesión da Insignia de Ouro de Fefriga, os Criadores de Frisón Selecto de Galicia queremos render homenaxe e recoñecer os méritos que concorren en diferentes persoas que, -xa sexa a título persoal ou dende os cargos que desempeñaron,- contribuiron de maneira significativa á promoción da Raza Frisoa e á dos seus criadores.

Con esta premisa, a Xunta Directiva da Federación Frisona Galega, na súa reunión do pasado día 2 de febreiro, acordóu por unanimidade, "conceder a Insignia de Oro de Fefriga a Dn. Antonio Santiago Oca Fernández, en recoñecemento ó impulso que imprimiu, durante os seus anos como Director Xeral de Producción, Industrias e Calidade Agroalimentaria -en colaboración co seu extraordinario equipo- ó Programa de Mellora Gandeira de Galicia e moi especialmente, pola súa aposta persoal na modernización das instalacións da Finca de Bos e a posta en funcionamento do novo Laboratorio de Transferencia Embrionaria".

Antonio Oca Fernández, mariñán devoto da súa terra, naceu na Rigueira, no concello lugués de Xove. Formouse coma perito agrícola en Pamplona e Madrid, e en 1967 ingresou no Corpo de Extensión Agraria. Aínda que o seu primeiro destino foi Betanzos, pronto pasou a ocupar a xefatura da Axencia de Extensión Agraria de Ribadeo, donde comezou a traballar activamente co sector leiteiro, coincidindo co "boom" do leite en Galicia. Mostra da súa inquedanza polo sector é que foi un dos promotores e o primeiro xerente da cooperativa "Os Irmandiños" de Ribadeo e un dos fundadores do sindicato Comisións Labregas.

En 1985 ocupou a xefatura provincial en Ourense do SENPA (Servicio Nacional de Productos Agrarios), e entre 1987 e 1990 foi nomeado Subdirector Xeral de Extensión e Capacitación Agraria da Consellería de Agricultura. A partires deste momento quedou adscrito á axencia de Santiago de Compostela, donde seguiu centrado en temas vinculados á gandería de leite, como profesor e ponente en charlas divulgativas e xornadas técnicas.

En 2005 foi nomeado Director Xeral de Produción, Industrias e Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural, cargo que ocupou ata 2009.

Coa concesión desta Insignia, os Criadores de Frisón Selecto de Galicia queremos poñer de manifesto o noso agradecemento e gratitude a D. Antonio Oca pola labor de promoción e defensa que leva facendo do sector lácteo galego, e especialmente dos gandeiros, desde os distintos postos que ocupou, primeiro na Administración estatal e despois na autonómica durante os máis de 40 anos de traxectoria profesional no Servicio de Extensión Agraria.

Amigo Antonio, desde Fefriga moitísimas grazas pola túa dedicación a prol dos gandeiros da nosa terra.

R/ Melide 25-27 Baixo - 15705 Santiago de C. - A Coruña - España
Tfno./Fax: + 34 981 573 879 + 34 981 573 775
Xunta de Galicia
Diseño web de Lugonet