FEFRIGA - Federación de Frisona Galega
  PRESENTACIÓN
  BRANCO E NEGRO
  ACTIVIDADES E RESULTADOS
  LIBRO XENEALÓXICO
  NOTICIAS E AVISOS
  ACCESOS RÁPIDOS
  MENÚ COMPLETO
  INICIO


Memoria Fefriga 2014


Política de privacidad
Rúa Melide 25-27 Bajo
15705 Santiago de C.
A Coruña - España
Tfno./Fax: + 34 981 573 879
+ 34 981 573 775



Galego Español

INAUGURACIÓN DOS NOVOS LABORATORIOS DE T.E.

Bos, 16 de Setembro de 2008



Novo laboratorio e oficinas da UTE Bos

O Sr. Vicepresidente da Xunta inaugura as novas instalacións


O pasado martes, e acompañado do Sr. Conselleiro do Medio Rural, Dn. Alfredo Suárez Canal, a Sra. Alcaldesa de Bergondo, Dna. Alejandra Pérez, altos cargos da Consellería, Directivos de Fefriga, Africores e Conafe e un bo número de técnicos e gandeiros que traballan co material xenético producido en Bos, o Sr. Vicepresidente da Xunta de Galiza Dn. Anxo Quintana, inauguraba os novos Laboratorios e instalacións de Transferencia Embrionaria de Bos, dando con elo un novo impulso á fructífera colaboración que, dende fai case dúas décadas mantemos Consellería do Medio Rural e Criadores de Frisón Selecto de Galicia.

Na nova etapa que abre a modernización das instalacións da UTE de Bos, é importante recordar que, a pesar da súa importancia, son tan só unha peza máis do complexo “puzzle” que supón, (xunto ó Control Leiteiro, Libro Xenealóxico da Raza Frisona, Centro de Inseminación Artificial de Fontao, Laboratorios de Sanidade Pecuaria e Interprofesional, etc..) o Plan de Mellora Gandeira de Galicia, que entre todos, Consellería e gandeiros, estamos desenrolando. Dentro deste esquema, os novos laboratorios da UTE de Bos, son unha ferramenta máis de traballo que nos permitirá, -ademáis de manter a normal producción de embrións e prestar un mellor servizo ós criadores,- incrementar a participación en programas de I+D+i, así como o desenrolo de novas técnicas reproductivas (sexaxe e división de embrións, fecundación in vitro, etc,..) de gran importancia para a multiplicación e máximo aproveitamento da extraordinaria, e cada vez máis recoñecida, xenética que estamos producindo en Galiza.

Durante o acto de inauguración, os Sres. Vicepresidente e Conselleiro, fixeron fincapé nos avances logrados pola Cabana Frisona Galega nos últimos anos, e tamén sobre o extraordinario potencial que ésta ten como productora de animais, seme e embrións, da máis alta calidade xenética e sanitaria, animando ós gandeiros a crer nas nosas posibilidades e a empregar os abundantes medios e recursos naturais de que Galiza hoxe dispón. En canto á situación de Galiza en xeral, e especialmente no que respecta ás perspectivas de futuro para o noso sector, o Sr. Vicepresidente indicou que, Galiza na actualidade ten os mesmos problemas que todo o mundo e tamén, o sector leiteiro galego, pero asegurou, que a Administración, cando se lle solicita apoio e se reclama, con razón, compromiso co sector, o mellor que pode facer é ofrecer ese compromiso coxuntural, pero sobre todo un compromiso para o futuro. “Se nós non creramos no medio rural e na gandería de Galiza, non estaríamos facendo estes investimentos de futuro. Polo tanto, a solución non son medidas coxunturais, senón instrumentos para fortalecernos e competir na nova organización do mercado do leite”, igualmente recordou que o sector gandeiro é moi importante para os que traballan e viven del, “pero tamén é importante para o país porque vertebra a nosa economía e é garantía de futuro”.

Dende está páxina, e en nome da Xunta Directiva da Federación queremos manifestar o noso agradecemento ó Sr. Vicepresidente da Xunta e o Sr. Consellerio do Medio Rural, por ter impulsado e apoiado a execución deste importante proxecto, amosándonos unha vez máis, a confianza que teñen depositada nos gandeiros galegos e no futuro do noso sector. Tamén, queremos, ter unhas palabras de agradecemento para unha persoa moi especial para todos nós, un gran técnico, amigo excepcional e “alma mater” dos novos laboratorios e instalacións, referímonos ó Sr. Director Xeral, Dn. Antonio Oca quen, co seu extraordinario equipo, están traballando infatigablemente cos gandeiros na Mellora da nosa Cabana Gandeira.

Igualmente e para rematar, o noso agradecemento ós gandeiros que dende fai anos confian e traballan ca xenética que estamos a producir en Galiza.



Visita ó novo laboratorio. De esq. a dta.: Daniel Martinez, Sr. Conselleiro do Medio Rural, Sr. Vicepresidente da Xunta e Mónica Barrio

Explicación sobre o sistema de venda de embrións vía internet

Presentación de animais da UTE

O Sr. Presidente de Fefriga dá a benvida a autoridades e invitados

O Sr. Conselleiro do Medio Rural na súa intervención


» Novo edificio
» Acto de inauguración e visita ás instalacións



R/ Melide 25-27 Baixo - 15705 Santiago de C. - A Coruña - España
Tfno./Fax: + 34 981 573 879 + 34 981 573 775
Xunta de Galicia
Diseño web de Lugonet