FEFRIGA - Federación de Frisona Galega
  PRESENTACIÓN
  BRANCO E NEGRO
  ACTIVIDADES E RESULTADOS
  LIBRO XENEALÓXICO
  NOTICIAS E AVISOS
  ACCESOS RÁPIDOS
  MENÚ COMPLETO
  INICIO


Memoria Fefriga 2014


Política de privacidad
Rúa Melide 25-27 Bajo
15705 Santiago de C.
A Coruña - España
Tfno./Fax: + 34 981 573 879
+ 34 981 573 775



Galego Español
FESTA HOLSTEIN FEFRIGA ‘14

O día 1 de Agosto, cos Concursos de Preparación e Pelado e a celebración da Festa Holstein, finalizaba unha semana adicada a diferentes actividades relacionadas co mundo do Gando Frisón, organizadas polo Clube de Xóvenes Gandeiros de Galicia e Fefriga, en colaboración con Ganadería As Travesas, Concello de Ordes e a Excma. Deputación da Coruña.
O luns día 28 de Xullo ás 10 da mañán e no Recinto Feiral do Mesón do Vento (Ordes) daba comezo o curso de preparación, doma e manexo de animais, que se prolongaría ata o venres día 1 de Agosto ás 11:30 da mañán, hora na que se escomezou o xulgamento de stands, pelado e presentación de animais en pista. Nesta edición participaron 13 xóvenes de entre 5 e 30 anos que se iniciaban ou desexaban mellorar, as súas técnicas como preparadores e manexadores de gando. Unha vez rematado o xulgamento, ás 14 horas e no Restaurante Barreiro de Leira, Ordes, tivo lugar a Festa Holstein Fefriga 2014, na que se procedeu á entrega de Pracas de Recoñecemento ás Mellores Explotacións ‘13. Igualmente e como colofón da Xornada, impúxose a Insignia de Ouro de Fefriga a Dn. Manuel Herbón Díaz, de SAT Herbón por ser os criadores e propietarios da primeira vaca de España que ó longo da súa vida productiva (10 lactacións) superou os 200.000 Kg. de Leite.

Xunto a nosa felicitación a todos os galardoados, queremos manifestar o noso agradecemento a todas aquelas persoas, organizacións e institucións que nos apoiaron e colaboraron con nós na organización destas actividades das que adxuntamos ampla reportaxe fotográfica.

A todos moitas gracias.
GALERÍA DE FOTOS DA FESTA
Galería: IV Curso-Escola de Xóvenes Preparadores


R/ Melide 25-27 Baixo - 15705 Santiago de C. - A Coruña - España
Tfno./Fax: + 34 981 573 879 + 34 981 573 775
Xunta de Galicia
Diseño web de Lugonet