FREFRIGA - Federación de Frisona Galega
  PRESENTACIÓN
  U.T.E. BOS
  BRANCO E NEGRO
  ACTIVIDADES E RESULTADOS
  ANIMAIS EN VENTA
  LIBRO XENEALÓXICO
  NOTICIAS E AVISOS
  ACCESOS RÁPIDOS
  MENÚ COMPLETO
  INICIO





Clube de Xóvenes Gandeiros de Galicia



Rúa Melide 25-27 Bajo
15705 Santiago de C.
A Coruña - España
Tfno./Fax: + 34 981 573 879
+ 34 981 573 775



Galego Español

PRESENTACION DOANTES SUBASTA 2009


» Fotos

Antes de comezar a XIII Subhasta Top-Bos e dado que, por motivos de organización, non era posible facer unha visita detallada ás instalacións, realizouse unha pequena presentación de doadoras de embrións, ó obxeto de ilustrar a orixe dos animais a subastar así como do traballo, importancia e resultados do Programa que, en estreita colaboración coa Consellería do Medio Rural, estamos desenvolvendo en Bos.

Antes de comezar a presentación, Dn. Daniel Martínez, Director-Técnico da Finca de Bos recordou que dende 1992, en que se deron os primeiros pasos neste programa, importáronse e transferíronse mais de 2.000 embrións de alta xenética, orixinarios das mellores familias de vacas do mundo e producidos por vacas valoradas dentro do 0,1% mellor da raza e cos mellores sementais de cada momento. Froito desas adquisicións logrouse dotar o centro de sementais Xenética de Fontao dos touros novos para someter a testaxe cada ano, remarcando igualmente que moito mais da metade das xatas que se crian hoxe en Galicia son fillas destes touros e deste programa. Ao mesmo tempo, coas femias que se foron logrando (irmáns dos sementais) foise constituindo o que hoxe e a Unidade de Doantes de Embrións, integrada por 170 cabezas de gando, exclusivamente de alta xenética que, a data de hoxe, levan producido case 5.000 embrións (nesta semana chegouse á recollida nº 1.000 na propia granxa) e que teñen unha ampla descendencia espallada por toda Galicia, sendo ese o seu gran valor e a razón de ser da UTE de Bos.

A continuación iniciouse a presentación coa doante de nome: Bos Terrason RUTH. "Primeiriza, parida de 2 meses, está todavía sen calificar, o que non quita que se poda apreciar a súa extraordinaria morfoloxía. É unha filla de Inwood Terrason, e constitue a 3ª xeración desta familia criada en Bos. A sua nai e a Storm Rubi, todavía na finca como doante permanente que en duas lactacións produciu case 30.000Kg de leite ao 3,43% de proteína. Ruth parece concentrar no seu corpo todas as cualidades acumuladas nunha familia de vacas que suma 12 xeracións de animais MB ou Excelentes. Unha das familias mais apreciadas no mundo. A familia de IVORY MARK: a fundadora de toda unha extirpe de excelencia na granxa ROBTHOM de Estados Unidos. Nai de 6 vacas Excelentes e tamén nai de Robthom Integrity, un dos touros americanos que fixeron historia. A Terrason Ruth, produciu embrións de xovenca aos 12 meses, dos que hai xa xestacións en curso. A partir de agora someterase aos tratamentos para producir embrións con distintos sementais, antes de inseminarse para que poida facer o 2º parto. Representa unha doante nos comenzos dunha prometedora carreira."

"O seguinte animal, Bos Goldwyn DOTI, é unha filla de Goldwyn, cualificada MB 85 ptos neste 1º parto no que leva producidos xa 5.500 Kg de leite en tan so 5 controis. DOTI completa a 9ª xeración de vacas MB ou EX dunha reputada familia canadense que suma na sua ascendencia directa nada menos que 83* ao mérito da descendencia. A sua nai e La Presentation Dourine MB88 en Canadá onde obtivo 2 premios de superior lactación. Unha das vacas mais emblemáticas da familia e a bisavoa: La Presentation DAUREL EX, 39*, unha vaca con 2 fillas EX e 43 MB (dun total de 81 fillas). Desta familia existe gran número de touros en testaxe en diferentes paises: Doti é irmá completa de AVALÓN e GOOD-BYE, en Xenética de Fontao; ademáis de 4 touros probados en Canadá colocados entre os 30 primeiros por LPI (Bonair, Denzel, Damafro e Discount).

DOTI leva producidos xa 21 embrións en catro recollidas, as últimas con XACOBEO para obter touros en proba para FONTAO e todavía se someterá a novas recolleitas antes de ser inseminada."


A continuación presentouse a vaca Bos Champion JUDITH, unha vaca de 2º parto, cualificada MB88, da que o Director do Centro dixo expresión pura da fortaleza. Unha auténtica máquina construida para producir sin problemas froito da combinación de Calbret Champion coa vaca americana Aaron Juco MB88, que ven da Morningview Converse JUDY Ex 93, e tamén a familia de ALH ELEGANT (touro probado de Fontao). Representa unha familia de vacas americanas con produccións impresionantes (todas con mais de 45.000 kgs nas 2 primeiras lactacións), que acumula 7 xeracións de vacas con calificación MB ou EX, todas elas con medallas de ouro e mencións honoríficas. Bos Champion Judith ademais dunha excelente productora de leite (con mais de 14.000 Kgs no 1º parto) é tamén unha extraordinaria productora de embrións, xa que leva producidos 89 embrións viables en tan so 5 recollidas (17,8 de media) ostentando a dia de hoxe o noso record coa última recollida de 27 EMBRIÓNS VIABLES. Unha vaca excepcional que rebosa saude, producción, fertilidade, e tipo. A maior expresión da fortaleza á que podemos aspirar en selección. Con un bo número de xestación en curso, ten xa 7 fillas rexistradas e 3 fillos en Xenética Fontao, JUDO, ROUCO, E XUDAN."

A seguinte vaca presentada foi outra filla de Champion de nome: Bos Champion DANSSEL, MB89 (foi MB88 no seu primeiro parto). "Danssel é unha vaca extraordinaria, que xa no seu primeiro parto produciu máis de 18.000Kg. de Leite ó 3,6% de graxa e ó 3,4% de proteína. E outra representante da mesma familia de Doti, tamén é neta da Daurel pero neste caso e filla de La Presentation Danoise. E irmá completa do touro La Presentation Denzel, actual nº 16 na lista do LPI de Canadá. Unha liña familiar con 83* e da que este exemplar supón unha nova demostración da capacidade de transmisión e do potencial desta xenética. E para aproveitar este potencial Danssel está sendo utilizada como nai de sementais tendo xa 2 fillos en Xenética Fontao: "BARQUEIRO" con Buckeye, e "OBAMA" con Chamoso."

Rematamos esta Presentación con unha vaca adulta. "Unha doante consagrada, que para nos é case unha ‘vaca sagrada’. Unha auténtica insignia da U.T.E de Bos. Estamos a falar de Bos Igniter VALIOSA. Está cualificada EX en este 3º parto, e ten xa 3*. Nas 3 lactacións acumula unha producción de 48.383 Kg de leite ao 4,14% G e ao 3,4% P."
"Valiosa é unha filla de Igniter e da Baler Twine e neta da Gipsy Grand. Tan so entre a nai e a avoa de Valiosa suman 61* obtidas por 71 fillas das cales >90% son BB ou mellor, ostentando 22 premios de Superior Producción. Valiosa e irmá materna de touros tan importantes da raza como GOLDWYN, BOLIVIA, PAGEWIRE, e varios mais... Tamén ten 3 irmás maternos en proba en Galicia (Baler, Manni e Montalvo). De feito mais de 60 touros desta familia están en centros de Inseminación de diferentes paises. E Valiosa mesmo ten xa unha descendencia excepcional, con 2 das suas 6 primeiras fillas paridas cualificadas xa MB: HS Allen Twine MB87 (1ºp.) e Bos Mantoño Allen Gipsy MB85, das que se exportaron embrións a Alemania. Valiosa ten 12 descendentes machos en proba: 7 fillos e 5 netos en proba, traspasando, como decimos, as nosas fronterias: 5 en Xenética Fontao, 2 en ASCOL, 4 en GENETICALE, e 1 en Portugal. Todas as fillas de Valiosa son extraordinarias (xa ten 3*) e están sendo utilizadas extensamente en T.E., co cal en moi pouco tempo haberá centos de descendentes desta vaca en Galicia. Centros de inseminación europeos, en concreto de Alemania e Italia, teñen contratos tanto de embrións como xatos provintes das fillas de Valiosa para incorporar nos seus programas de testaxe, o cal supón un aval á calidade do Programa que entre todos estamos conseguindo sacar adiante."

FOTOS

     


R/ Melide 25-27 Baixo - 15705 Santiago de C. - A Coruña - España
Tfno./Fax: + 34 981 573 879 + 34 981 573 775
Xunta de Galicia