O pasado día 4 de Xaneiro, na Sede Social da Federación Frisona Galega e coa asistencia do Sr. Director Xeral de Producción, Industrias e Calidade Agroalimentaria da Consellería do Medio Rural, D. Antonio S. Oca Fernández, constituiuse o Clube de Xóvenes Gandeiros de Galicia.

O obxectivo do Clube é agrupar no seu seo ós gandeiros xóvenes de Galicia, canalizar as súas aspiracións e inquietudes, e organizar actividades formativas e/ou lúdicas que contribúan ó desenrolo persoal e profesional dos seus asociados.

Nesta primeira etapa de singladura e según acordo adoptado por unanimidade, o Clube de Xóvenes Gandeiros de Galicia estará dirixido por:

Presidente:D. Manoel Anxo Dono Sánchez
Vicepresidente:D. Bonet Cid Salgado
Secretario:D. Javier Álvarez Lastra
Vogais:D. Iván López López
D. Juan Manuel Novo García
D. Odón Castro Díaz

Se sodes gandeiros, a vosa idade non supera os 35 anos, e estades interesados en formar parte do Clube de Xóvenes Gandeiros de Galicia, xa podedes consultar os seus Estatutos, así como a Cédula de Inscripción. Para máis información, podedes chamar a Fefriga, tfno.: 981 57 37 75 (Carmen Candal).

Pincha nas fotos para velas ampliadas
www.fefriga.com