FEFRIGA - Federación de Frisona Galega
  PRESENTACIÓN
  BRANCO E NEGRO
  ACTIVIDADES E RESULTADOS
  LIBRO XENEALÓXICO
  NOTICIAS E AVISOS
  ACCESOS RÁPIDOS
  MENÚ COMPLETO
  INICIO


Memoria Fefriga 2014


Política de privacidad
Rúa Melide 25-27 Bajo
15705 Santiago de C.
A Coruña - España
Tfno./Fax: + 34 981 573 879
+ 34 981 573 775



Galego Español

III ESCOLA DE XÓVENES MANEXADORES

Co obxetivo de estimular a participación en Concursos e Exposicións, e perfecciona-las técnicas de preparación e presentación dos animáis en pista, a Federación Frisona Galega en colaboración con Holstein Québec, organizou na Finca de Bos, durante os días 3 ó 7 de Setembro, a terceira Escola de Xóvenes Manexadores.

O curso foi impartido por Marc Drapeau (preparador Canadiense), Javier Álvarez, Bonet Cid e Pedro Saavedra (Capataz da UTE/UDE de Bos).

Nesta edición, ademáis de xóvenes de Galicia, contamos con alumnos de Portugal, Asturias e Vizcaia.
Para a realización das actividades programadas, os alumnos foron agrupados por equipos de 2 persoas, asignando a cada equipo 4 animáis, exceptuando un grupo de 3 ó que se lle asignaron 6, cos que realizaron, -baixo a experta dirección dos seus monitores, -as prácticas de lavado, alimentación, doma, pelado, exposición e presentación en pista. A pesar do apretado do programa e da duración das xornadas, os alumnos demostraron en todo momento gran interese, realizando un traballo digno de auténticos profesionáis.

Como colofón da Escola celebráronse os Concursos de Stands, Preparación de Animáis e Manexo en Pista. O premio ó Mellor Stand conseguiuno o equipo nº 1 formado por Iván Ferreiros Señor e Roi Capón Fernández.

O premio de Mellor Preparador de animáis foi para Manuel Peteira Fernández e o de Mellor Manexador foi para Lander Echevarrieta Ardeo.

Xa para rematar sorteáronse entre os participantes dous lotes de dous embrións, que corresponderon a Ivan Ferreiros Señor de  SAT Casa Grande (Bos Forbidden Buttercup ET x Braedale Goldwyn) e a Roi Capón Fernández, de Casa Capón (Bos Progress Golada x Cedarwal Spirte).



» Ver galería de fotos

GRUPOS DE ALUMNOS PARTICIPANTES
Grupo 1 - Roi Capón Fernández & Iván Ferreiros Señor Grupo 2 - Estefanía Seijas Acosta & Pedro Manuel Campos Silva
Grupo 3 - Nuno Manuel de Moreira & Manuel Peteira Fernández Grupo 4 - José Manuel Souto Taboada & Lander Echevarrieta Ardeo
 
Grupo 5 - Alba Álvarez Núnez, Manoel Anxo Dono Sánchez  & Águeda Capón Fernández.  



R/ Melide 25-27 Baixo - 15705 Santiago de C. - A Coruña - España
Tfno./Fax: + 34 981 573 879 + 34 981 573 775
Xunta de Galicia
Diseño web de Lugonet