FEFRIGA - Federación de Frisona Galega
  PRESENTACIÓN
  BRANCO E NEGRO
  ACTIVIDADES E RESULTADOS
  LIBRO XENEALÓXICO
  NOTICIAS E AVISOS
  ACCESOS RÁPIDOS
  MEMORIAS FEFRIGA


Memoria Fefriga 2022


Política de privacidade

Clausulado
Rúa Melide 25-27 Bajo
15705 Santiago de C.
A Coruña - España
Tfno./Fax: + 34 981 573 879
+ 34 981 573 775



Galego Español

IIª ESCOLA DE XÓVENES MANEXADORES

Co obxetivo de estimular a participación en Concursos e Exposicións, e perfecciona-las técnicas de preparación e presentación dos animáis en pista, a Federación Frisona Galega en colaboración con Holstein Québec, organizou na Finca de Bos, durante os días 4 ó 8 de Setembro, a segunda Escola de Xóvenes Manexadores.

O curso foi impartido por Marc Drapeau (preparador Canadiense), Javier Álvarez, Ivan e Bonet Cid, Odón Castro e Pedro Saavedra (Capataz da UTE/UDE de Bos).

Para a realización das actividades programadas, os alumnos foron agrupados por equipos de 2 persoas, asignando a cada equipo 4 animáis cos que realizaron, -baixo a experta dirección dos seus monitores, -as prácticas de lavado, alimentación, doma, pelado, exposición e presentación en pista. A pesar do apretado do programa e da duración das xornadas, os alumnos demostraron en todo momento gran interese, realizando un traballo digno de auténticos profesionáis.

Como colofón da Escola celebráronse os Concursos de Stands, Preparación de Animáis e Manexo en Pista. O premio ó Mellor Stand conseguiuno o equipo nº 3 formado por Iván Ferreiros Señor e Iván López López.

O premio de Mellor Preparador de animáis foi para Roi Capón Fernández e o de Mellor Manexador foi para Águeda Capón Fernández.

Xa para rematar sorteáronse entre os participantes dous lotes de dous embrións, que corresponderon a Roberto López Campello de Casa Pernas (Bos Lee Londreta x Ladino Park Talent) e a Roi Capón Fernández, de Casa Capón (Bos Progress Golada x Roylane Jordan ET).

» Ver galería de fotos

GRUPOS DE ALUMNOS PARTICIPANTES
Grupo 1 - Roi Capón Fernández & Roberto López Campello Grupo 2 - Marcos López Abad & Águeda Capón Fernández
Grupo 3 - Iván López López & Iván Ferreiros Señor Grupo 4 - Estefanía Seijas & Aitor López Zolle
 
Grupo 5 - Joaquín Díaz Gómez & Manuel Peteira Fernández  



R/ Melide 25-27 Baixo - 15705 Santiago de C. - A Coruña - España
Tfno./Fax: + 34 981 573 879 + 34 981 573 775
Xunta de Galicia
Diseño web de Lugonet