FEFRIGA - Federación de Frisona Galega
  PRESENTACIÓN
  BRANCO E NEGRO
  ACTIVIDADES E RESULTADOS
  LIBRO XENEALÓXICO
  NOTICIAS E AVISOS
  ACCESOS RÁPIDOS
  MENÚ COMPLETO
  INICIO


Memoria Fefriga 2014


Política de privacidad
Rúa Melide 25-27 Bajo
15705 Santiago de C.
A Coruña - España
Tfno./Fax: + 34 981 573 879
+ 34 981 573 775



Galego Español
35 CONCURSO NACIONAL DA RAZA FRISONA CONAFE 2014
Cid Goldwyn Griselda
Subcampiona de Vacas en Lactación de 5 anos
Stand Clube Xóvenes Gandeiros
1º Mellor Grupo Expositor Conafe 2014

Os días 25 ao 28 de Setembro e coincidindo ca Conferencia Europea da Holstein, celebrouse na cidade de Xixón o XXXV Concurso Nacional da Raza Frisona “Conafe ‘14”. O concurso, no que participaron 134 animais de 50 ganaderías de Asturias, Cantabria, Castilla-la Mancha, Navarra, Madrid e Galicia, foi xulgado por Jaume Serrabassa, Xuíz Internacional de Conafe.

A pesar da situación do sector e de non contar con axudas oficiais, Galicia estuvo presente no certame con 27 animais procedentes de 14 gandeirías de A Coruña, Lugo e Pontevedra.

Igualmente e coincidindo co Concurso de Frisón, celebrouse o de Xóvenes Manexadores no que o Clube de Xóvenes de Galicia deixou patente a súa preparación, bo facer e profesionalidade, como o demostran os resultados obtidos. Neste concurso participaron 39 xóvenes dos que 8 eran socios do Clube, Xosé Manuel Sánchez foi o mellor manexador senior, quedando Águeda Capón, Marcos Rivas, e Óscar Castro en 2º, 3º e 5º lugar respectivamente. Na categoría Junior a mellor manexadora foi Cristina Carro, seguida de Avelino Souto. Ademáis dos extraordinarios resultados obtidos no Concurso e con grandes dosis de traballo, os xóvenes do Clube lograron ser nominados como Mellor Grupo Expositor Conafe ’14.

Xunto á felicitación a todos os premiados, queremos manifestar o noso agradecemento a todos os gandeiros que cos seus extraordinarios animais posibilitaron a presenza de Galicia no Certame e tamén, como non, agradecer o excelente traballo realizado polos nosos xóvenes.

¡¡ A todos, moitas gracias !!

Ganderías participantes:

SAT A Campa (Curtis – A Coruña)
Casa Nova SAT (Mesía – A Coruña)
Sixto, SC (Monfero – A Coruña)
Granxa A Costa, SC (A Baña – A Coruña)
SAT Rei de Miñotelo (A Pastoriza – Lugo)
Gandeiría Cid, SC (Barreiros – Lugo)
Casa Capón (Chantada – Lugo)
Casa Pozo, SC (Saa – Lugo)
SAT Carballeiras (Lalín – Pontevedra)
SAT Berdon (Lalín – Pontevedra)
Sdad.Ganad. de Gresande, SC (Lalín – Pontevedra)
Blanco (Lalín – Pontevedra)
Ganad.Manteiga, SC (Vila de Cruces – Pontevedra)
Rato, SC (Rodeiro – Pontevedra)

Rey 616 Mata Bradnick
3ª Sec. 2 – Terneras 11-13 meses
Pozosaa Windbrook 7127 Sonia
5ª Sec. 2 – Terneras 11-13 meses
Pozosaa Sid 3322 Barbie
3ª Sec. 10 – Vaca Joven hasta 30 m.
Manteiga Xacobeo Clementina
4ª Sec. 10 – Vaca Joven hasta 30 m.
Manteiga Shottle Luna
3ª Sec.12 – Vaca Intermedia 36-41 m.
Anibal Emma Divina II (4ª)
4ª Sec. 13 – Vaca Intermedia 42-47 m.
Blanco Anita Tila ET
5ª Sec. 13 – Vaca Intermedia 42-47 m
     

Mellor Grupo Expositor Conafe 2014, equipo formado por:
Pedro Saavedra, Bonet Cid, Miguel Rial, Óscar Castro, Marcos Rivas, José Manuel Sánchez, José Casás, Águeda Capón, Rocío Manteiga e Cristina Carro.

  D. Germán de la Vega, Presidente de CONAFE entrega o diploma aos líderes do grupo do Clube de Xóvenes Gandeiros.

 







R/ Melide 25-27 Baixo - 15705 Santiago de C. - A Coruña - España
Tfno./Fax: + 34 981 573 879 + 34 981 573 775
Xunta de Galicia
Diseño web de Lugonet