


Rúa Melide 25-27 Bajo 15705 Santiago de C. A Coruña - España Tfno./Fax: + 34 981 573 879 + 34 981 573 775
|
 |
|
COMUNICACIÓN RELATIVA Ó NÚMERO DE IDENTIFICACIÓN FISCAL (NIF)
A Orde EHA/451/2008, do 20 de Febreiro, regula a composición do número de identificación fiscal das persoas xurídicas e entidades sen personalidade xurídica, establecendo novas claves e modificando algunhas das existentes para indicar a forma xurídica das entidades españolas ou, no seu caso, o carácter de entidade extranxeira ou de establecemento permanente dunha entidade non residente. Na súa disposición transitoria única sinala a necesidade de asignar un novo NIF ás entidades que xa dispuxeran de un pero que, en aplicación da nova normativa, lles corresponda outra distinta.
Dende a entrada en vigor da Orde, o pasado 1 de Xullo, a Axencia Tributaria púxose en comunicación coas entidades que poderían resultar afectadas apra indicarlles se debían manter o seu NIF ou modificalo, dándolles, ademáis, a posibilidade de comunicar a súa forma xurídica correcta se detectaban algún erro na información disponible nas oficinas da Axencia.
Pregamos a tódolos socios e clientes que, por mor da nova normativa, lles cambiaran o NIIF, no lo comuniquen o antes posible. Igualmente informamos ós nosos proveedores que a partir do día 1 de Xaneiro de 2009 o noso novo NIF será V15320112.
|
|